miércoles, 25 de diciembre de 2013

REGALOS PARA MI

Aquí vos deixamos a actuación que os nenos e nenas de infantil preparamos para o festival de nadal.
Esperamos que vos guste!

martes, 24 de diciembre de 2013

lunes, 16 de diciembre de 2013

TEATRO NO AUDITORIO CON TITIREFICCIONS

Este luns os nenos e nenas do Labarta Pose visitamos o auditorio para desfrutar dunha estupenda obra de teatro chea de maxia e ilusión, "Cantos contos contas". O grupo Titireficcions amosounos, dun xeito divertido, varias historias que deixaban voar a nosa imaxinación.
Mirade, mirade!


PROGRAMA PARA O FESTIVAL DE NADAL

O día 20 celebramos o festival de Nadal no Labartapedra. Os nenos e nenas de Infantil temos preparada unha estupenda actuación onde cantaremos e bailaremos. Non a perdades! Contamos con vós!


TOC TOC CON PABLO DÍAZ

O venres recibimos a visita no auditorio de Pablo Díaz e o grupo Ruote os cales realizaron un pequeno obradoiro de música tradicional galega e tamén aproveitaron para cantarnos algunhas das súas novas cancións incluidas no disco Toc Toc. Ademais non faltou unha canción moi coñecida e querida por nós "Tic-Tac" coa que poidemos todos xuntos facer de agullas de reloxo. Encantounos!
Aquí vos deixamos unha mostra en video e en imaxes do ben que o pasamos.


jueves, 12 de diciembre de 2013

UNHA MENSAXE DE PAPÁ NOEL PARA TODOS

Nestes días tan sinalados recibimos, desde Laponia, unha mensaxe moi importante. Mirade, mirade! 


UNHA PEQUENA LEMBRANZA

Co motivo da proximidade do festival de Nadal, queremos lembrarvos os puntos tratados na xuntanza xeral. Imos realizar unha estupenda actuación que necesita dunha vestimenta axeitada.
  • Que os nenos veñan co pelo engominado, vestidos con camiseta branca e vaqueiros.
  • Que as nenas veñan con coleta alta ou chicho, con mallas negras e camiseta negra.
  • Se as nenas queren, poden vir cos beizos pintados de vermello.
  • Que todos traian calzado escuro.
  • Que os nenos/as de 4 e 5 anos traian, o antes posible, unha caixa pequena (p.e. de zapatos) envolta en papel de cores, simulando un agasallo.
  • Que os nenos/as de 3 anos traian unha caixa de calquera tamaño, simulando, tamén, un agasallo.
Para a prehistoria: necesitamos máis material relacionado coa prehistoria, queremos que os nenos/as sexan protagonistas e expoñan o material aos seus compañeiros/as. Non levarán os traballos deste proxecto ata o remate de curso.
Un cordial saúdo!