miércoles, 25 de diciembre de 2013

REGALOS PARA MI

Aquí vos deixamos a actuación que os nenos e nenas de infantil preparamos para o festival de nadal.
Esperamos que vos guste!

martes, 24 de diciembre de 2013

lunes, 16 de diciembre de 2013

TEATRO NO AUDITORIO CON TITIREFICCIONS

Este luns os nenos e nenas do Labarta Pose visitamos o auditorio para desfrutar dunha estupenda obra de teatro chea de maxia e ilusión, "Cantos contos contas". O grupo Titireficcions amosounos, dun xeito divertido, varias historias que deixaban voar a nosa imaxinación.
Mirade, mirade!


PROGRAMA PARA O FESTIVAL DE NADAL

O día 20 celebramos o festival de Nadal no Labartapedra. Os nenos e nenas de Infantil temos preparada unha estupenda actuación onde cantaremos e bailaremos. Non a perdades! Contamos con vós!


TOC TOC CON PABLO DÍAZ

O venres recibimos a visita no auditorio de Pablo Díaz e o grupo Ruote os cales realizaron un pequeno obradoiro de música tradicional galega e tamén aproveitaron para cantarnos algunhas das súas novas cancións incluidas no disco Toc Toc. Ademais non faltou unha canción moi coñecida e querida por nós "Tic-Tac" coa que poidemos todos xuntos facer de agullas de reloxo. Encantounos!
Aquí vos deixamos unha mostra en video e en imaxes do ben que o pasamos.


jueves, 12 de diciembre de 2013

UNHA MENSAXE DE PAPÁ NOEL PARA TODOS

Nestes días tan sinalados recibimos, desde Laponia, unha mensaxe moi importante. Mirade, mirade! 


UNHA PEQUENA LEMBRANZA

Co motivo da proximidade do festival de Nadal, queremos lembrarvos os puntos tratados na xuntanza xeral. Imos realizar unha estupenda actuación que necesita dunha vestimenta axeitada.
  • Que os nenos veñan co pelo engominado, vestidos con camiseta branca e vaqueiros.
  • Que as nenas veñan con coleta alta ou chicho, con mallas negras e camiseta negra.
  • Se as nenas queren, poden vir cos beizos pintados de vermello.
  • Que todos traian calzado escuro.
  • Que os nenos/as de 4 e 5 anos traian, o antes posible, unha caixa pequena (p.e. de zapatos) envolta en papel de cores, simulando un agasallo.
  • Que os nenos/as de 3 anos traian unha caixa de calquera tamaño, simulando, tamén, un agasallo.
Para a prehistoria: necesitamos máis material relacionado coa prehistoria, queremos que os nenos/as sexan protagonistas e expoñan o material aos seus compañeiros/as. Non levarán os traballos deste proxecto ata o remate de curso.
Un cordial saúdo!

jueves, 14 de noviembre de 2013

DIVÍRTETE E APRENDE CO OUTONO

SAÍDA AO SOUTO

Os nenos e nenas de Infantil quixemos observar de primeira man as características do outono. Para iso fixemos unha saída ao Souto do Allo. Foi un divertido paseo onde puidemos pisar as follas do outono, ver medrar cogumelos, recoller castañas e observar o grandes que son os castiñeiros.
Que ben o pasamos!



miércoles, 30 de octubre de 2013

QUEIMA DOS MEDOS

Aproveitando a chegada do Samaín, os nenos e nenas de Infantil, debuxamos e escribimos os nosos medos. Logo coa axuda das nosas mestras e despois da lectura dun conxuro máxico, os nosos medos arderon e desapareceron co lume. Seguro que non volven máis!

viernes, 25 de octubre de 2013

CONTOS DE MEDO PARA OS NEN@S DE INFANTIL

Na semana das Bibliotecas Escolares e coa excusa de coñecer máis a fondo a do noso cole, os nenos e nenas do Labarta Pose, desfrutamos de dous fermosos contos relatados polas profes Sinda e Isa. Quedamos moi impresionados por ámbalas historias e con ganas de repetir. Que ben o pasamos!



CINEMA DE TERROR

Co motivo da chegada do Samaín, os pequenos e pequenas do Labarta Pose, tivemos unha sesión de cine terrorífica. Mirade, mirade!!!


Estes son algúns dos vídeos que vimos!

O MONSTREJO


A BRUXA REGAÑADENTES

XOGA NO SAMAÍN

  

jueves, 12 de septiembre de 2013

BENVIDOS AO LABARTAPEDRA!

Ola familias! Dámosvos a benvida ao voso blogue, Os Labartapedra. Este blogue foi creado para mantervos ao tanto de tódalas cousas que imos realizando no cole ademáis de proporcionarvos información sobre páxinas de interese ou contidos traballados. 
Como podedes observar, este é o blogue central onde aparecerán recollidas as actividades conxuntas das tres aulas, Os Dodos, Os Tigres e Os Mamuts. Para ver a información de cada aula, tedes un acceso lateral que vos leva directamente ao blogue de cada grupo.
Desexamos que os desfrutedes! Estade moi atentos porque COMEZAMOS!
As Prehistóricas.